Aínda cas imaxes frescas na retina escribo esta crónica dunha fugaz pero intensa fin de sema montañeira cun pequeno grupo de 3 persoas guiadas por Nacho Pequeno para coñecer o entorno da Serra de Gredos, facendo un roiteiro de dous días, e como no, alguns cumes entre eles os míticos Almanzor e A Galana.
Non serei imparcial, non podo selo, porque son amigo de Nacho, compañeiro de Clube con que compartin algunas travesias e meu primeiro profe de escalada, asi que a miña relación con Nacho ten algo de todo eso: amigo, colega, profe…maestro.
A punto estiven de declinar a resposabilidade de esta glosa cando meus compañeiros de equipo xa de volta no coche entre risas e bromas elexíronme pra facer esta somera e sumaria crónica e eu tratando de evitar o envolado a penas púiden balbucir “…eu si queredes fágoo pero non sei si serei o mais indicado” E alguén apuntillou ¿Pero ti non fostes mestre? Tan só me quedaba o recurso do parvo e preguntei o grupo: entón ¿que lle poño? ¿qué non volvo mais? E entre risas e bromas creo que me arroguei esta representación.
O programa decía:
Viernes : Aproximación al Refugio Elola 1.945 metros desde la plataforma 1.680 m. pasando por los Barrerones 2.120 m. Duración aproximada 2:30 horas
Sábado: Recorrido circular desde el refugio, ascensión al Almanzor 2.591metros, por Portilla Bermeja y circo de cinco lagunas. Duración aproximada 8 horas
Domingo: Ascensión al Morezón 2.389 metros desde el refugio y regreso a la plataforma. Duración aproximada 5 horas.
Xa dende o primeiro momento co envio do primeiro correo ca proposta, como os sucesivos cas indicacións do material necesario, protocolos COVID, consentimiento informado etc me di conta da profesionalidade con que traballa Nacho. A claridade e fluidez das comunicacións foi sempre óptima detallando tanto o que incluia a proposta como o o que non incluia para evitar malos entendidos e, entre estas últimas a posibilidade de compartir viaxe e iso foi o que fixemos: compartir viaxe opción moi recomendable a pesar da mascarilla.
1º Dia.
Dos meus compañeiros de viaxe non podo decir ningunha cousa mala, pero tampouco ninguna cousa boa… e que son galego e eles tamén, xa nos coñociamos de outras saidas co club asi que nos entendíamos…Pero imos xa poñendo carretera por medio e chegando a Plataforma dende donde partimos con todo o equipo rumbo o refuxio Elola sobre as 17.30.
Foi chegando o alto dos Barrerones en que se nos ofreció espectacular o Circo de Gredos en todo seu esplendor e donde vimos a primeira cabra montesa que ímpávida e como petrificada formaba parte da paixaxe.
Aquí Nacho nos explicaba diante dun cartel aquel grandioso caos oroxénico: O Morezón a esquerda e que non sai na imaxe e que fariamos o último dia ( o dia fácil en teoría ), os Tres hermanitos asomando a esquerda e os cumes do Belesar, a Portilla das cinco lagoas, Cabeza Nevada, os Tres Reinos, o Amial de Pablo, a Galana e os cumes circundantes o Almanzor una paisaxe absolutamente grandiosa.
Chegamos ao refuxio sobre as 19.30 e a cea estaría disposta as 20.00, así que cambiamos as botas polas chanclas e a remexer na mochila pra levar o menor peso posible e deixalo nas taquillas, subir os dormitorios cos sacos e instalarnos nas literas e ainda tivemos tempo antes da cea de admirar dende o refuxio os cumes do Almanzor, A Galana, O Amial de Pablo agora xa a tiro de pedra. A cerveza fría estaba moi ben esta vez non sei quen pagou.
Despois da cea ainda saimos a contemplar as estrelas e botar algunhas risas, creo que esa noite foi a do licor café, un detallazo por parte do guía que foi fondeala como se debe nalgunha poza fresca dos regatos que desembocan na Lagoa grande e que se quedo sen cervexa pola confusión de “un despistado”. Si me gustó que preguntara a aqueles rapaces se collerán unha cervexa que deixara apoiada na repisa e ante o embarazo e confusión dun dos rapaces que lle pediu desculpas e ofreceulla humilde xa probada, mais me gustou a súa resposta sen acritude: Non agora xa disfrutá ti.
Fíxose noite e foronse apagando as luces dos frontais dos que estaban acampados. Unha fugaz estrela rasgou a noite
2º dia
As 07.00 erguémonos e as 7.30 foi o almorzo, creo que as 08.00 estabamos encaminándonos hacia o cume do Almanzor pola Portilla dos Crampons. Esto é a reseña de Wikiloc : “Clásica subida al pico Almanzor por Portilla del Crampón desde Refugio Elola. Ruta muy señalizada con numerosos hitos en el camino y gran cantidad de gente. Fácil de seguir. Difícil, por la dificultad técnica y desnivel. Para hacer 2 km de subida hasta la cima se tardan 2 horas. Pendientes en Portilla de 68° a 70°. Pasos con dificultad nivel III+ escalada en últimos metros antes de coronar. Ascenso y descenso delicado. Necesaria experiencia. Existen argollas en los tramos más difíciles que se utilizan principalmente en invernal”.
As 10 estabamos facendo cume e a verdade que non atopamos moita xente: unha parella que atoparamos nos Barreones o primeiro dia e un par de rapaces que nos sacaron algunha foto na cume asi que como quedaba moito dia por diante e queda en camino para as Cinco Lagunas decidimos facer a Galana.
“Desde el Almanzor se continua por la portilla de los Cobardes flanqueando el cuchillar de Ballesteros por los canchales de su ladera oriental hasta llegar al collado del Venteadero. Desde ahí ya tenemos la Galana a tiro. Ambas cimas son bastante aéreas y con pasos de escalada (fácil).” Esa é a reseña de wikiloc pero casi me gustó mais a Galana que o Almanzor e tamén foi a opinión xeneralizada do grupo ainda que a reseña pon fácil hai alguns pasos con exposición igual que no Almanzor e ahí é donde se nota a paresencia dun guía adiantandose sin facerse notar para preparar unha corda o elexir a via mais axeitada.
Seguimos caminando por un terreno abrupto por unha paisaxe brava atravesando canchales e pedreiras para rodear picos e atopar a canal que nos levou ao pe da mais alta das 5 lagoas donde aterrizamos sobre as 14.00 para facer un refresco e un lixeiro picnic.
A progresión fíxose moi levadeira pois íbamos ben provistos de auga e a un ritmo tranquilo pois xa tiñamos cuberto ampliamente o programa do dia agora nos dedicamos a disfrutar da paisaxe e da compañía e rir rímonos bastante, ainda quedaban 3 ou 4 horas para a volta o refuxio e tomámolo con calma, facendo certa aquela frase dun amigo “o mellor montañeiro e aquel que disfruta mais disfruta”
Fai 8.000 anos este antigo val glaciar cuaternario mantiña atá tres concas de alimentación entre elas Cinco Lagunas (na foto) e os xeos no seu seo alcanzaban atá 300 mts. de espesor…xa non quedaba mais que chegar atá a outra conca de recepción de neves a Laguna Grande na foto inferior cos tres hermanitos a fondo a punto de pèchar o círculo para chegar o refuxio sobre as 18 horas. Xa tocaba as cervexas ben frias. Esta vez pague eu.
3º dia
En teoría o dia mais fácil. Se trataba de chegar ao pico Morezón 2389mts. Dende o refuxio e regresar a plataforma subindo pola canal dos Hermanitos seguindo polo cuchillar dos Cerradillos, A Campana e chegar o cume do Morezón e seguir polo Prado das Pozas atá a plataforma. Iso supoñia levar no porteo unha mochila ben repletiña que no meu caso non baixaba de 10 kg.
O dia anterior Nacho sinalounos a canal que non era moi longa pero sí bastante empinada e algo cansados da xornada alguns preguntamos ¿E que tal a ruta de mañá? ¿E fácil? Nacho ca súa habitual naturalidade e como para quitar ferro dixo Siiii estirando un pouco a i e a continuación: siii hai algún paso e un par de manos…xa me empezou a mosquear… un par de manos con todo ese peso e algún paso inmediatamente pensei eu…eu casi vos espero nos Barrerones ¿non baixa para ali a ruta? -apresureime a decir-. E unha posibilidade – engadiu Nacho- pero non ten nada que non podas facer, bueno falamos mañá – dixen eu- que agora estou moi canso e a mellor mañá vexo as cousas de outra maneira. Si mellor falamos mañá- conclui Nacho.
Efectivamente o dia seguinte me sentía ben e efectivamente a canal era empinada pero mais longa do que parecía pero a esas altura xa formábamos un equipo asi que despois do primeiro longo e a medida que xirábamos por outra canal hacia a esquerda e empezaban a vislumbrase a silueta xigante dos 3 hermanitos a cousa prometia e a vista do refuxio ala embaixo pequeniña animaba a seguir tirando, a veces Nacho se adiantaba para elexir a mellor via entre toda a morea de fitos e un par de veces saco a corda para asegurar algún paso . Aquí empezando a canal o refuxio o fondo. Con certa inquietude nas miradas…
Pero despois da virada a esquerda o paso dos hermanitos e a corda para asegurar un paso de de grado III pero con boas mans e roca bastante pulida xa non quedaba mais que algún canchal con algún bloque que polo xeral resolvíamos de forma mais o menos parecida. So nos quedaba o cume alá arriba ¡e cómo no! cun galego e ademais de Baralla, e a súa parella madrileña nila dándolle de comer as cabras – a muller decía que só comían froitos secos_ e il con certa morriña confesounos que il tamén falaba galego na intimidade.
Cume no Morezón xa relaxados e sen casco. O fondo as cumes do recorrido do dia anterior.
Fotos de rigor no cume e baño nunha poza do rio a chegada a plataforma. Cumpliuse o programa previsto e as 14.00 enfilamos carretera de volta para darnos unha merecida homenaxe para repoñer forzas no Restaurante La Casita en Navarredonda de Gredos que non estivo nada mal e caia de camiño agradecendo a Tito conductor a súa obrigada abstemía.
Unhas gracias moi forte a cada un dos 4 componentes do equipo, que xa empezábamos a chamar equipo A de Auténticos. Tito: gracias pola conducción e bó rollo e gracias Xurxo e Kico pola conversa amena e divertida, gracias a todos por ser auténticos por mostraros cada ún como sodes e gracias Nacho por sacar de nós o mellor de cada ún. Foi un verdadeiro pracer compartir travesía con todos vos e terminar sendo conviventes (sobretodo por quitar a mascarilla a volta) e esperemos que non sexa a última. Vémonos pronto …e sí é na montaña mellor.
Apertas, Quique Toba Nardín